Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre apertura de naves para a explotación, venda e exhibición de material deportivo e complementos na parroquia de Almeiras.

Cristal Padel, S.C. solicitou unha licenza municipal para a apertura dunhas naves destinadas a exposición, venda e exhibición de material deportivo e complementos, situadas na rúa José Espronceda, s/n (módulo 2, naves 1, 2 e 3), parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 27 de xaneiro de 2014

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo