Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Advírtese que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2014
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Denunciada |
Enderezo |
Establecemento |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Resolución |
AC-EP 280/2013 |
Raquel Rega Naya |
Travesía de Arteixo, 335, 2º F, Arteixo |
Entelequia |
26 e) da Lei orgánica 1/1992 |
28 da Lei orgánica 1/1992 |
600,00 € |