Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014, da Xefatura da Área da Coruña, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia de varios expedientes de resolución de rehabilitación urbana.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen ter efectuada a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte o da publicación.

A Coruña, 6 de febreiro de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área da Coruña

ANEXO

– Expediente con resolución de denegación de subvención:

Darío Lamas Vega.

Mosteiro de Toxos Outos, nº 5, 6º I (A Coruña).

Exp. C09-RS-0247/12.

– Relación de expedientes con resolución de denegación de cualificación provisional:

Eleuterio Rodríguez Vila.

Manuel Piñeiro Pose, nº 10, 4º C (A Coruña).

Exp. C09-RH-0023/12.

Fernando Palacio Edreira.

Ramón Cabanillas, nº 19, 5º B (A Coruña).

Exp. C09-RH-0693/10.

Fernando González Gómez.

Paseo de Ronda nº 17, 1º B (A Coruña).

C09-RH-0439/10.

Antonio Martínez López.

Avda. Sardiñeira nº 36, entr. esc. esqda. W (A Coruña).

C09-RH-0024/12.

– Expediente con resolución de cualificación provisional:

Ramón Brea Saavedra.

Lepanto, nº 1, esc. A, 2º B (Ferrol).

C09-RH-0100/09.