Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2014 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 60/2014, interposto polo Concello de Oleiros (A Coruña).

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, mediante comunicación do 31.1.2014, pon en coñecemento desta entidade pública a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo rexistrado como procedemento ordinario (P.O.) 60/2014, interposto polo Concello de Oleiros (A Coruña) contra a Resolución do 16 de setembro de 2013, pola que se rexeitou o recurso de reposición presentado polo dito concello contra a anterior Resolución do 5 de xullo de 2013 pola que se concederon subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética relativos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 132, do día 12 de xullo de 2013.

En consecuencia, esta dirección acorda, nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas físicas ou xurídicas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no prazo de nove (9) días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia