Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/184/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 7 de xaneiro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes en cuberto, muro de peche e muro de contención, no lugar de Chavella, Santa María de Oia, no termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Jordi Vázquez Cid, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística