Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7983

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da formalización do contrato correspondente ao procedemento aberto para a contratación do servizo de limpeza dos centros de traballo desta deputación provincial para os exercicios 2014 e 2015.

No perfil do contratante publícase a formalización do contrato correspondente ao procedemento aberto para a contratación do servizo de limpeza dos centros de traballo da Deputación Provincial de Ourense para os exercicios 2014 e 2015, do que resulta adxudicataria a cía. mercantil Limpiezas Cíes, S.L., con CIF B-36631935, cun importe ou canon de adxudicación de 26.416,66 €/mes -referido a 12 meses- (IVE incluído), e ao que lle corresponde como importe neto (sen IVE) a cantidade de 21.831,95 € e como IVE aplicable a cantidade de 4.584,71 €, do que resulta un importe total anual de 316.999,92 € (IVE incluído).

Ourense, 30 de xaneiro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense