Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica o apercibimento previo á imposición de multas coercitivas, correspondentes ao expediente sancionador INC-CO-0066/2012-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o apercibimento previo á imposición de multas coercitivas, correspondentes ao expediente sancionador INC-CO-0066/2012-SUB.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Organización e Control de Medios da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Se transcorrido o prazo de 15 días, contados a partir da presente publicación, non nos comunica que realizou os traballos requiridos, procederemos a impoñerlle as correspondentes multas coercitivas mensuais ata que teñamos constancia de que os traballos foron realizados.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-CO-0066/2012-SUB.

Interesada: Forestal Diéguez Hermanos, S.L.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.

Último enderezo coñecido: Os Vilares, s/n, Pravio, 15668 Cambre (A Coruña).