Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de febreiro de 2014, do Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador instruído a J.M.F.A ao abeiro da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a xefa do Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade notifícalle á persoa que a seguir se relaciona o acordo de incoación do expediente sancionador instruído ao abeiro da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Interesado: J.M.F.A, residente en réxime de internado desde o 11 de marzo de 1996, do CAPD de Redondela, representado legalmente polo seu irmán V.F.A.

Enderezo: Riofrío, 24, Mondariz Balneario 36890 Pontevedra.

O dito interesado dispón dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para poder examinar o expediente, no Servizo de Coordinación Administrativa, sección administrativa da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar (rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

María Jesús Fernández Díaz
Xefa do Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade