Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/CON/2012/00020, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na rúa Codes, 17, Canaval, 15177 Oleiros (A Coruña), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/CON/2012/00020, formulado contra a resolución do director xeral de Conservación da Natureza, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada número RA/CON/2012/00020 interposto por José Manuel Ardións López contra a resolución do expediente sancionador CO-CON-2011-0011-V, ditada polo director xeral de Conservación da Natureza o 2 de febreiro de 2012.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición do seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, por ser a sede do órgano administrativo que ditou o acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas