Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7886

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases das convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1,
escala de delineantes

• Tribunal titular:

Presidencia: Isidoro García López, persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, escala de delineantes.

Secretaría: Montserrat Conde López, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Natalia Vaamonde Mansilla, persoal funcionario do corpo administrativo da Xunta de Galicia.

– Alfredo Fernández Ríos, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

– Jorge Juan de Aracil Arcos, persoal funcionario da subescala de Secretaría-Intervención, da escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Guillermo Acebal Lucía, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

Secretaría: David Conde Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– María del Carmen Franco García, persoal funcionario do corpo administrativo da Xunta de Galicia.

– Enrique Martínez Chamorro, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

– Pilar Martínez Sorribas, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.