Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/00137 e outro máis).

Intentada a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla nº 70, 27071 Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 3 de setembro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente

NIF

Interesados

LU-2013/00137

33542926W

Jesús Braña Novo

LU-PF-32/2009

33831710K

Julio Gayoso Fraga