Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de decembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 11 de marzo de 2013 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Alejandra.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Alejandra e J.V. I, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 14.2.2013 e do 3.6.2013, Ángel Martínez Sayáns solicitou, respectivamente, autorización para a transmisión das concesións das bateas Alejandra e J.V. I, e corrección de erros advertidos na solicitude inicial.

Segundo. Como consecuencia do anterior, con data do 16.5.2013 (DOG nº 93) publícase a Orde do 11 de marzo de 2013 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións das bateas Alejandra e J.V. I, e con data do 1.8.2013 (DOG nº 146) a corrección de erros posteriormente solicitada.

Terceiro. Finalmente, mediante escrito do 22.11.2013, Ángel Martínez Sayar solicita a modificación dos novos titulares inicialmente propostos nas ditas solicitudes, de xeito que definitivamente serán persoas distintas para cada concesión cuxa autorización de transmisión se solicitou.

Cuarto. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Eloína Bugallo Leiro (35412057-S) e Minia Martínez Bugallo (35475853-D) da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Alejandra.

Situación:

Cuadrícula nº: 133.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis) e vieira (Pecten maximus).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.1.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Ángel Martínez Sayar (76841712-T).

Novas titulares: Eloína Bugallo Leiro (35412057-S) e Minia Martínez Bugallo (35475853-D).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. As novas titulares da concesión quedan subrogadas nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de decembro de 2013

P.D. sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar