Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o requirimento de documentación con data do 4 de setembro de 2013 do expediente REIG 15/12160.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: REIG 15/12160.

Interesada: Inrola, S.L.

CIF: B15017437.

Acto notificado: requirimento de documentación.