Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 7 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións de varios expedientes de reclamación eléctrica.

Notifícaselles, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as interesadas a resolución dos expedientes de reclamación eléctrica que a continuación se relacionan, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, estas resolucións serán firmes para todos os efectos regulamentarios.

As persoas interesadas poderán comparecer, na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 7 de febreiro de 2014

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

IN 635 A 2012/94-3

Residencial Pereiro, S.L.

B-27284298

Rúa Luis Trabazos, 2, 3º I. Ourense

IN635A 2013/178-3

Chambonea, S.L.

B-32401689

Rúa Os Remedios, 9. Ourense