Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2014/15-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT Feás.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 KV con condutor RHZ de 1.033 metros de lonxitude, con orixe no par existente no parque da subestación de Lalín e final no paso aerosubterráneo proxectado no apoio existente da LMTA LAL802 unha vez que alimente ao CT proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado en Feás, Santa María das Dores, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra