Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2014, da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, polo que se notifican as comunicacións dos expedientes de revisión de oficio RRO/DC/2012/00007 e RRO/DC/2012/00132.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as comunicacións dos procedementos RRO/DC/2012/00007 e RRO/DC/2012/00132.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, situadas na rúa San Lázaro, 83, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada comunicación e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

Susana Cuesta Fariña
Subdirectora xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

ANEXO

Expediente: RRO/DC/2012/00007.

Interesado: Juan Francisco Sobrido Riveiro.

Acto de notificación: comunicación.

Último enderezo coñecido: San Pedro de Muro, 15230 Outes (A Coruña).

Expediente: RRO/DC/2012/00132.

Interesado: Miguel Barrul Hernández.

Acto de notificación: comunicación.

Último enderezo coñecido: Camiño As Camposas, 6, 15200 Noia (A Coruña).