Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7425

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as.

Unha vez convocados os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, polas ordes da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as

Tribunal titular:

Presidencia:

– Ascensión Labella Lozano, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– Patricia Rodríguez Roiloa, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Carlos José Calzadilla Bouzón, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as agrónomos.

– Ramón Damián Fernández Conchas, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos/as.

– Manuel Ángel Rodríguez Rodríguez, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos/as.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Carlos Vila Pérez, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos/as.

Secretaría:

– Marta Ramos Lage, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Rogelio Fernández Díaz, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

– Ricardo Arnáiz Ibarrondo, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos/as.

– María Milagros Pereira Carnero, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos/as.