Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7184

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2014 pola que se integra a Eliseo Iglesias Soler, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional décimo sétima que os funcionarios e funcionarias da escala de profesores do INEF de Galicia, que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada polo profesor Eliseo Iglesias Soler, con DNI número 35454602-X, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Educación Física e Deportiva, con efectos económicos e administrativos do 5 de febreiro de 2014.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 5 de febreiro de 2014

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña