Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7187

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5042/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial de Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5042/2011 desta sección, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal contra a empresa Servintegral, S.C., Robert Klikh, sobre desemprego, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado do SPEE contra a sentenza do 9 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña nos autos número 65020/09 seguidos por instancia do demandante Robert Klikh contra o SPEE, sobre desemprego, debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia e, desestimando a demandada, absolvemos o SPEE das pretensións contidas na demanda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto, “recurso”, seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transfe-rencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Servintegral, S.C., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014