Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2014, da Delegación de Vigo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (Besada García, Adolfo).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia do acto administrativo derivado do procedemento que se indica.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Vigo da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 11 de febreiro de 2014

José Miguel Rey Lama
Delegado de Vigo

ANEXO

Interesado/a

Órgano tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

36007351R

Besada García, Adolfo

DXT

ITPAXD

Trámite de audiencia

Expte.: T 11672/11

Doc.: 504130002274

Órganos tramitadores:

DXT: Departamento de Xestión Tributaria.

Procedemento:

ITPAXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.