Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 15 de Madrid

EDICTO (288/2013).

María Dolores Marín Relanzón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 15 de Madrid, fago saber que no procedemento 288/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia Indrid Yuliana Benavidez Núñez fronte a Secreto by Isa, S.L., sobre execución forzosa, ditouse a seguinte resolución:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo:

– Requirir a Secreto by Isa, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución que ascende a 4.618,75 euros, en concepto de principal e de 922,00 euros, en concepto provisional de xuros de demora e custas. Deberá manifestar a devandita relación coa precisión necesaria para garantir as súas responsabilidades. Deberá, así mesmo, indicar as persoas que teñan dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitas a outro proceso, concretar os aspectos deste que poidan interesar á execución. Esta obriga incumbirá, cando se trate de persoas xurídicas, aos seus administradores ou ás persoas que legalmente as representen e, cando se trate de comunidades de bens ou grupos sen personalidade, a aqueles que aparezan como os seus organizadores, directores ou xestores. No caso de que os bens estivesen gravados con cargas reais, deberá manifestar o importe do crédito garantido e, se é o caso, a parte pendente de pagamento nesa data. No caso de bens inmobles, deberá indicar se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Proceder á investigación xudicial do patrimonio do executado. Para tal efecto, consultaranse as bases de datos a que teña acceso este órgano xudicial e libraranse os despachos pertinentes aos organismos e rexistros públicos co fin de que faciliten a relación de todos os bens ou dereitos do debedor dos que teñan constancia, tras a realización por estes, se for preciso, das indagacións legalmente posibles. Solicitarase a información precisa, dentro dos límites do dereito á intimidade persoal, para lograr a efectividade da obriga pecuniaria que execute, de entidades financeiras ou depositarias ou doutras persoas privadas que polo obxecto da súa normal actividade ou polas súas relacións xurídicas co executado deban ter constancia dos bens ou dereitos deste ou puideran resultar debedoras del.

Acórdase o embargo das devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

Acórdase o embargo dos saldos de Secreto by Isa, S.L. a favor do executado, nas entidades colaboradoras en canto sexa suficiente para cubrir a suma das cantidades reclamadas. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Fágase saber ao executado que conforme o auto que contén a orde xeral de execución a) Transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se aboará en dous puntos. b) Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose esixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

– Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: 2513-0000-64-0288-13, debendo indicar no campo concepto de pagamento banco conta consignacións.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: contra o presente decreto cabe recurso directo de revisión, no prazo de tres días desde a súa notificación, debendo o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario da Seguridade Social, ingresar a cantidade de 25 euros, o devandito depósito deberá realizarse mediante o ingreso do seu importe na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto número 2513-0000-64-0288-13.

Así o acordo e asino. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial

E para que sirva de notificación en legal forma a Secreto by Isa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, polo medio establecido para o efecto, salvo as que revistan a forma de auto, sentenza ou decretos que poñan fin ao procedemento ou resolvan un incidente ou se trate de emprazamento.

Madrid, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial