Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6943

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de condutor/a de instalacións de electromedicina.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de concurso de méritos, do posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, sita no Hospital Clínico, en Travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Punto de Atención ao Traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

1. Denominación do posto: condutor/a de instalacións de electromedicina.

2. Número de prazas: unha.

3. Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario de xestión e servizos e tendo en contan as características e as funcións que se van desenvolver requírese vinculo de fixeza e en situación de servizo activo na categoría profesional de electricista e posuír titulación de formación profesional de ciclo de grao medio ou superior da familia de Electricidade e Electrónica, ou equivalente.

4. Procedemento de provisión: concurso de méritos.

5. Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.