Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 7034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Sara María Rodríguez Rodríguez, Melisa Anta Fernández, María de los Ángeles García Estévez e Gloria Álvarez Díaz.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 293/2013 E (procedemento abreviado), interposto por Sara María Rodríguez Rodríguez, Melisa Anta Fernández, María de los Ángeles García Estévez e Gloria Álvarez Díaz fronte á Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (DOG núm. 198, do 16 de outubro de 2013).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos