Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 5 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do instrutor do procedemento sancionador PO.08/2013 por infraccións en materia de comercio.

Con data do 17 de decembro de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador PO.08/2013, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, contra Corbatería Española, S.L., titular do establecemento Guadarnés.

Intentada a notificación da proposta, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido da dita proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, se lle concede un prazo de quince (15) días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatira territorial, sita na praza da Estrela, s/n, de Vigo.

Vigo, 5 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO.08/2013.

Interesado: Guadarnés, en Marqués de Valladares, 14 (CP 36201 Vigo), Corbatería Española, S.L. (CIF B80833460).

Feitos imputados: unha Infracción grave en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigos 44.2 e 44.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción proposta: unha multa de 1.501 euros (mil cincocentos un euros).