Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2014 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento de reintegro relativo ao expediente de subvención 940/32/10/000137.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución relativa ao expediente 940/32/10/000137.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 940/32/10/000137.

Interesado: Javier Quintela Senra.

Acto de notificación: resolución de reintegro parcial e perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: San Félix de Varón 2, 32515 O Carballiño, Ourense.