Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6689

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de xaneiro de 2014 pola que se modifica a autorización do centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña.

Os titulares do centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña, solicitan a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Animación de actividades físicas e deportivas e o CS de Educación infantil, en quenda de tarde-noite, no dito centro educativo.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Autorizar o ciclo formativo de grao superior de Animación de actividades físicas e deportivas e o CS de Educación infantil, en quenda de tarde-noite, no centro privado que a continuación se detalla:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Domicilio: Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

2. Composición resultante:

2.1. Educación infantil: 15 unidades.

2.2. Educación primaria: 30 unidades.

2.3. Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

2.4. Bacharelato:

• 8 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; e Humanidades e Ciencias Sociais.

• 4 unidades da modalidade de Artes: vía de Artes Escénicas, Música e Danza e vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

2.5. Formación profesional:

2.5.1. Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Servizos en Restauración (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

2.5.2. Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación Sanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o Diagnóstico (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Sistemas de Telecomunicación e Informáticos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

2.6. Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

2.6.1. Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

2.6.2. Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

2.6.3. Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Emerxencias Sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación Sanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria