Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de lenzaría, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, multicriterio, tramitación ordinaria e anticipado de gastos (MS-EIP1-14-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-EIP1-14-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de lenzaría para os centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 11.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial, Hospital Montecelo e Hospital do Salnés.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2; Mourente, s/n, Montecelo, e r/ Hospital do Salnés, nº 30.

2) Localidade e código postal: Pontevedra; 36001, 36071 e 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 18318000-1; 18100000-0; 39512000-4; 39511100-8; 39514100-9; 39512500-9 e 39143112-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 323.037,60 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 134.599 €. Importe total: 162.335 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 17.3.2014.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Número previsto de empresas a que pretendese invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.1.2014.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés