Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6757

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1,
escala de subinspección de consumo

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Alfonso Diéguez García, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Manuel Ángel Barros González, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios/as.

– Alejandro Bregua Cousillas, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección de consumo.

– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Antón Baeza Barrantes, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– Vanessa Brea Lago, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Ana Belén Díaz Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– Carmen Queiruga Maneiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– Jesús Martínez López, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de inspección urbanística.