Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6549

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no artigo 50 e no anexo do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como aprobar as bases que rexerán nesta convocatoria.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal estatutario de xestión e servizos que reúna os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. A mencionada convocatoria estará exposta no taboleiro de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán dirixirse ao xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán ser presentadas no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 30 de xaneiro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de equipo (Centro de Saúde da Milagrosa).

Grupo: C2.

Clase: persoal de xestión e servizos.

Retribucións: segundo a Orde pola que se ditan instrucións sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.