Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-401/13 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da Lei orgánica sobre protección da seguridade cidadá e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles, desde a publicación, para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma previstos no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra; rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: PO-401/13 NL.

NIF: B-94018322.

Denunciada: Servicios de Catering Austreria, S.L.

Enderezo: r/ Praia do Norte, nº 9, Campelo. Poio.

Establecemento: Sira, Camiño da Reiboa, s/n, A Seca, 36995 Poio.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.