Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6120

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data:

Do 24 ao 27 de marzo de 2014.

4. Lugar de celebración:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés, Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

5. Número de prazas:

30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 24.3.2014

15.30-20.45 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 25.3.2014

15.30-20.45 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Día 26.3.2014

15.30-20.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Pragas de interese en saúde pública.

Pragas de insectos

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 27.3.2014

15.30-20.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Pragas de roedores, pragas de aves, métodos de loita.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: do 24 ao 27 de marzo de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés, Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 15.30-20.45 h.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria S.L.U., avda. Primo de Rivera, nº 4, 2º local 6-7, 15006 (A Coruña). Tel.: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico: biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

EMPRESA:

CIF:

ENDEREZO:

LOCALIDADE:

TELF.: FAX:

CORREO ELECTRÓNICO:

APELIDOS:

NOME:

NIF: