Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública (expediente 76/2012).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramitouse, por instancia de María del Carmen Rodríguez Peón, a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de local social, oficinas e almacén de empresa construtora sita en Alcouce, 34, Figueirido (parcela 738 do polígono 10).

De acordo co proxecto técnico presentado de recoñecemento da actividade indicada, e en cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Pontevedra, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende recoñecer poidan examinar o expediente e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Vilaboa, 11 de decembro de 2013

José Luis Martínez Poceiro
Alcalde