Ao non poderse practicar a notificación persoal á interesada, segundo dispón o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en aplicación do disposto no mesmo artigo, deben publicarse para efectos de notificación, os acordos de inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo. Durante o prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados terán á súa disposición os expedientes, para que, de acordo co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aleguen e presenten os documentos e xustificantes que estimen pertinentes perante a Universidade de Santiago de Compostela; Pavillón Estudiantil, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 881 81 45 22.
Persoas interesadas |
NIF |
Importe |
Curso |
Causa |
Vázquez González, Leticia Marín (Pontevedra) |
53860137W |
2.556,00 € |
2012/2013 |
8.1 |
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014
Elena Iglesias Saco
Xefa de Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado