Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6009

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Obxecto

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Sober para a adecuación e integración paisaxística dos miradoiros na Rede Natura 2000 nos canóns do Sil.

23.9.2013

80.616,06

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutruras da Xunta de Galicia e o Concello de Lourenzá para a creación da ruta de sendeirismo Val de Lourenzá.

26.9.2013

60.217,93

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Meira para a sinalización e divulgación dos valores naturais no parque do Profesor Río Barja de Meira, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013.

20.9.2013

21.253,64

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a recuperación dos ecosistemas ripícolas na contorna de Santa Isabel do LIC Parga-Ladra-Támoga.

20.9.2013

24.833,16

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Quiroga para a execución dunha área de uso público en San Mamede de Fisteus (Quiroga).

17.9.2013

20.172,85

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Trabada para a rehabilitación dun muíño existente no rego de Trabada e acondicionamento do seu contorno.

16.9.2013

47.223,96

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o organismo autónomo Parques Nacionais e o Instituto Español de Oceanografía para a realización do seguimento da xestión e conservación do hábitat mariño en augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

18.12.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia), CMATI, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Lobios e Concello de Muíños para a xestión e promoción do centro BTT Serra do Xurés.

13.12.2013

0,00

Convenio de colaboración polo que se actualiza o convenio entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta de Galicia sobre actuacións da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural en materia de Rede Natura 2000.

19.9.2013

7.666.602,77

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e a Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas para a realización de estudos de control de calidade das augas costeiras de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 (POTEMA 3.48).

16.9.2013

140.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Lourenzá para a reparación de beirarrúas e servizos xerais nas rúas Fernández del Riego esquina Muíño do Frade, en Lourenzá (Lugo).

23.11.2013

33.499,00

Convenio para subscribir entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Beariz, para a realización das obras de acondicionamento da praza de Lebozán en Beariz (Ourense).

23.10.2013

31.937,13

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Sarreaus para a execución de obras en materia de urbanismo.

14.10.2013

74.656,00

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Riós para a realización das obras de acondicionamento da vía que discorre polo núcleo urbano de Romariz, Concello de Riós (Ourense).

14.10.2013

41.300,00

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cartelle para a execución de obras en materia de urbanismo.

6.9.2013

109.328,05

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Boborás para a execución de obras en materia de urbanismo.

3.9.2013

51.512,32

Convenio de cooperación sociocultural entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Verín para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín, cofinanciado en parte polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013.

5.11.2013

2.804.198,96