Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Piñor (expediente IN407A 2013/68-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 27 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ganadería Chousa Vella, S.C.

Domicilio social: Piñor de Cea, 32137 Piñor.

Denominación: LMT e CT para granxa en Chousa Vella (O Castro-San Salvador).

Situación: Piñor de Cea e Dozón.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, de 1161 m de lonxitude, con condutor LA-56, con orixe no apoio existente situado no lugar da Corna-Santa María do Desterro (Piñor de Cea) da LMT de Unión Fenosa Distribución ALB802 Boborás e remate no CT aéreo proxectado de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V situado en Chousa Vella-O Castro (concello de Dozón).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de febreiro de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial