Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/145 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora dos procedementos sancionadores.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 22 de xaneiro de 2014

P.S. (Resolución 29.5.2013)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/145.

Denunciado: Corneliu Hortea.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/184.

Denunciada: Hermanos Moreira Caloto, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/210.

Denunciada: Construcciones Coto Ribadeo, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/228.

Denunciada: Mariana Gracea.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.