Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se empraza a interesada no expediente 15360010/2013, de subvención para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento polo que se lle concede a axuda relativa ao expediente de subvención número 15360010/2013 (Orde do 23 de abril de 2013, pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2013).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa data de finalización.

Concédeselle a interesada un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, en que poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercitar calquera outro que xulgue pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

– Expediente: procedemento polo que se resolve a concesión da axuda relativa ao expediente de subvención número 15360010/2013.

– Interesada: Fontesello, S.L.

– Acto de notificación: resolución.

– Último enderezo coñecido: lgar. Sello, Fontecabalos, 4, 36517 Lalín (Pontevedra).