Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2014 polo que se notifica proposta de resolución no procedemento disciplinario 3/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio proposta de resolución no procedemento disciplinario 3/2013.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Patricia Rodríguez Roiloa
Instrutora

ANEXO

Expediente: disciplinario 3/2013.

Interesado: José Manuel Taboada López.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último domicilio coñecido: rúa Laxe, número 10, 1º, San Cibrao das Viñas-Ourense.