Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (263/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 263/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Mata Fernández contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. sobre despedimento, ditouse dilixencia de ordenación o 21 de xaneiro de 2013, pola que se procede a citar á empresa Limpiezas El Polígono, S.L., e cuxo teor literal é o seguinte:

«Presentando o traballador Daniel Mata Fernández exixindo o cumprimento polo empresario Limpiezas El Polígono, S.L. da obriga de readmisión, e despachándose auto de execución da sentenza ditada no procedemento de despedimento 311/2013, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia ás partes coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 27 de febreiro de 2014 ás 9.00 horas para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que lle/s represente se lle/s terá por desistido/s na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limpezas El Polígono, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial