Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público, na modalidade de concerto, de atención, en acollemento residencial e/ou en réxime de día, de menores con medida de protección pola Xunta de Galicia (52 prazas).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: 118/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: atención en acollemento residencial e/ou en réxime de día de menores con medida de protección pola Xunta de Galicia. 52 prazas.

b) Número de lotes: 6. Lote 1: Ribeira. 6 prazas xerais, 2 prazas especiais e 2 prazas de día. Lote 2: Lugo. 7 prazas xerais e 1 praza especial. Lote 3: Monforte de Lemos. 8 prazas de día. Lote 4: Ourense. 7 prazas xerais e 1 praza especial. Lote 5: O Barco de Valdeorras. 8 prazas de día. Lote 7: Ponteareas. 10 prazas de día.

c) Lugar de execución: Ribeira (A Coruña), Lugo, Monforte de Lemos (Lugo), Ourense, O Barco de Valdeorras (Ourense) e Ponteareas (Pontevedra).

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro do 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 52 € (con IVE 10 %: 57,20 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE 10 %: 72,66 €) e prazas de día: 43,50 € (con IVE 10 %: 47,85 €).

Orzamento máximo inicialmente previsto sen IVE: 920.603 €. Total con IVE: 1.012.670,60 €.

5. Garantías.

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Familia e Menores.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 13).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do vixésimo (20º) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

e) Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20084

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar