Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Catoira (expediente IN407A 2014/5-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT Pedras Miúdas (Eixe Atlántico de Alta Velocidade, tramo Vilagarcía-Catoira p.k. 8+284).

Situación: Catoira.

Descricións técnicas: instalación de dous apoios (nº 4 e nº 5) na LMTA VAR808B, nos cales se realizan respectivos P.A.S. (paso aéreo subterráneo) e instalación entre eles dunha LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 260 metros de lonxitude. Retensamento da LMTA VAR808B entre os apoios 3-4 (84 metros LA30) e 5-6 (152 metros LA30). A instalación está situada na zona de Outeiriño, Concello de Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra