Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (884/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 884/2013 por instancia de Celio da Silva Fernández contra a empresa Faventis, S.L., Gloria Otero González (administración concursal da empresa Faventis, S.L.), e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 14.1.2014 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Que se estima a demanda formulada por Celio da Silva Fernández fronte a Faventis, S.L., a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Faventis, S.L., ao demandante.

– Condénase a empresa Faventis, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 12.501,43 euros, e que o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente data importan 10.356,32 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindique ata a súa notificación a razón de 49,79 euros diarios. A administración concursal quedará vinculada por tales cantidades.

– Condénase a empresa Faventis, S.L. a aboarlle ao demandante en concepto de salarios pendentes de pagamento a cantidade de 3.866,68 euros, e a administración concursal queda igualmente vinculada por tales cantidades.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Faventis, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial