Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2013/371-1 e dous máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2013/371-1.

Acta inf.: I152013000100679.

Empresa: Pedrosa León, Mª Dominga (Serco).

NIF: 33240631L.

Enderezo: rúa Cantón Grande, 6, 5º H, 15002 A Coruña.

Materia: traballo (a empresa exerce a actividade de intermediación laboral sen autorización administrativa).

Normativa infrinxida: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación cos artigos 2, 3, 4 e 5 do Real decreto 1796/2010, do 30 de decembro.

Tipificación: artigo 16.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39 e 40 do dito texto legal.

Data da resolución: 26.12.2013

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Pedrosa León, Mª Dominga (Serco) unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente: RL 2013/447-1.

Acta inf.: I152013000096942.

Empresa: Transportes Arrive S-20, S.L.

NIF: B70302815.

Enderezo: polígono do Espírito Santo-rúa Isaac Peral, 4, 15650 Cambre.

Materia: traballo (impagamento e atraso no aboamento de salarios).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39 do dito texto legal.

Data da resolución: 27.12.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Transportes Arrive S-20, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente: RL 2013/508-1.

Acta inf.: I152013000114928.

Empresa: Franquicias Silvassa, S.L.

NIF: B9902706.

Enderezo: avenida Santa Ana, 7, 50410 Cuarte de la Huerva (Zaragoza).

Materia: traballo (impagamento e atraso reiterado no aboamento de salarios).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1, 39.2 e 40.1 do dito texto legal.

Data da resolución: 16.12.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Franquicias Silvassa, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña