Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se dispón a publicación da modificación dos estatutos da entidade O Cable Inglés, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (domicilio social), da entidade O Cable Inglés, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do consello reitor do 11 de outubro de 2013 por unanimidade de votos. Consta como novo domicilio social a rúa Conde de Torrecedeira, 68, 5º B, do concello de Vigo.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (domicilio social), da entidade O Cable Inglés, Sociedade Cooperativa Galega.

Vigo, 17 de xaneiro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo