Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para o inventario e caracterización dos focos de contaminación e zonas de ribeira degradadas na bacía do río Ulla, proxecto Life + natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla (clave OH.088.308.SV), cofinanciado coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.088.308.SV.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: inventario e caracterización dos focos de contaminación e zonas de ribeira degradadas na bacía do río Ulla, proxecto Life + natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71620000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea número S115, do 19 de xuño de 2012; Diario Oficial de Galicia número 116, do 19 de xuño de 2012, e Boletín Oficial del Estado número 150, do 23 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 233.559,52 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 233.559,52 euros. Importe total: 275.600,23 euros. Cofinanciado coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea, que poderá alcanzar ata unha porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto LIFE9NAT/ES/000514, Margal Ulla, no eido da acción A.7; Inventario detallado e caracterización dos focos de contaminación por partículas en suspensión, xurros, augas residuais domésticas e residuos sólidos, así como das zonas de ribeira degradadas na zona de actuación (curso principal do río Ulla e afluentes).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2013.

c) Contratista: S.A. de Gestión de Servicios y Conservación, Geseco & Aquática Ingeniería Civil, S.L. unión temporal de empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 198.683,35 euros. Importe total: 240.406,85 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil de contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file