Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

No DOG nº 236, do 11 de decembro de 2013, publicouse o anuncio de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Soutomaior e sometemento deste a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio.

O Pleno do Concello, con data do 30 de xaneiro de 2014, adoptou o acordo de ampliar o dito prazo durante un mes. En consecuencia, o documento do PXOM de Soutomaior, aprobado inicialmente con data do 15 de novembro de 2013, estará exposto ao público ata o día 11 de marzo de 2014.

Soutomaior, 31 de xaneiro de 2014

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde