Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador PO-2013/14 por infracción en materia de comercio.

Con data do 23 de outubro de 2013, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria resolveu iniciar o expediente sancionador PO-14/2013, incoado contra Inversiones Figueiras, S.L.

Intentada a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido do dito acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, se lle concede un prazo de quince (15) días para achegar á instrutora do procedemento cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, de ser o caso, propoñer as probas que considere oportunas, concretando os medios de que pretenda valerse.

Vigo, 21 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO-14/2013.

Interesada: Inversiones Figueiras, S.L. CIF B36926921.

Enderezo: rúa Barcelona, nº 57, 3º D, 36201 Vigo (Pontevedra).

Feitos imputados: unha infracción leve en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG nº 249, do 29 de decembro), artigo10.7.

Instrutor do procedemento: Gabriel Iglesias Longo.