Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a Resolución do 7 de novembro de 2013 que modifica, mediante modificación substancial, a autorización ambiental integrada outorgada a Gestán Medioambiental, S.L., para o Centro de Tratamento de Residuos de Sobrado dos Monxes (número de rexistro AAI: 2006/0291_AIA/IPPC_134; clave expediente nova: 2012-IPPC-M-0105).

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á modificación mediante modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Gestán Medioambiental, S.L., para o Centro de Tratamento de Residuos de Sobrado dos Monxes no concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña) e que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n 2º andar).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental