Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2013, polo que se autoriza a disolución e o inicio do proceso de liquidación da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia).

Esta Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento, do acordo do Consello da Xunta de Galicia que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de decembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Autorízase:

1. A disolución e o inicio do proceso de liquidación da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística, S.A. (Turgalicia), ao abeiro do previsto no artigo 105 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e no artigo 360 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital.

2. O haber social resultante da liquidación da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística, S.A. (Turgalicia) integrarase no patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e adscribirase á Axencia de Turismo de Galicia, conforme o establecido na normativa patrimonial da Comunidade Autónoma».