Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza unha persoa interesada no procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello da Estrada.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio da interesada que se relaciona no anexo, emprázase esta para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que a interesada compareza na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2014

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública no concello da Estrada.

Nome da interesada: Beatriz Barreira López.

Último domicilio coñecido: rúa Campo da Feira, nº 19, 3º A, concello da Estrada.

Indicación do contido do acto: requirimento de documentación.